Vistas de página en total

jueves, 28 de febrero de 2008

II Curso Admira de Guitarra


II Curso Admira de Guitarra
O curso componse das clases e dun concerto a cargo do profesor Ramón Carnota

Organiza:

Departamento de corda pulsada do conservatorio profesional Xan Viaño de Ferrol
Coordina: Agueda Gutierrez Escudero e Sergio Pena Castro
Datas de celebración: 27, 28, 29 e 30 de Marzo

Horario:
xoves pola tarde Concerto ás 20 h
venres mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h
sabado mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h
domingo mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h

Lugar: Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.

Prazas de alumnado activos máximo 20, ointes ilimitado.
Os alumnos serán aceptados por riguroso orde de recepción dos boletíns de inscrición.
A organización resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos por razón de forza maior.

Prezo: alumnos activos (que non pertenzan ao centro) 80€
alumnos activos do centro 60€
alumnos ointes 30 €

OBXECTIVOS

- Aproveitar a experiencia docente e de concertista do profesor para adquirir aqueles coñecementos que sobrepasan o propio curriculo.
- Conciencia do propio corpo como transmisor do pensamento musical.
- Profundizar en aspectos técnicos do instrumento.
- Abordar a faceta da interpretación en público, exames, concursos, etc.
- Valorar a importancia do estudo metódico para mellorar o rendemento.
- Afondar nos aspectos que definen a interpretación do repertorio dende un punto de vista histórico.
- Comprender a esencia e o funcionamento interno da obra para lograr unha interpretación coherente co pensamento do autor

CONTIDOS

- Postura corporal
- Actitude física ante o instrumento
- Acción de ámbalas dúas mans
- Exercicios técnicos e solución de problemas
- Memorización e visualización
- Técnicas de estudo
- A interpretación histórica
- A articulación barroca
- A retórica musical
- Ornamentación nas diferentes épocas
- O fraseo e seus elementos (dinámica, movemento, articulación) nos
diferentes estilos
- O vibrato: técnica e aplicación
- Análise e interpretación
- O "xesto" musical
- Elementos estructurais da interpretación


RAMÓN CARNOTA

Nace en A Coruña (España) en 1977. Con 13 anos ten as súas primeiras experiencias musicais na orquestra da Agrupación Musical Albéniz de A Coruña. Con 14 anos ingresa no “Conservatorio Superior de Música” de dita cidade baixo a tutela do profesor Eulogio Albalat, obtendo as máximas calificacións, así como o premio fin de carreira.

Posteriormente ingresa na Escuela de Artes Musicales “Luthier” de Barcelona, con unha bolsa outorgada pola Excma. Deputación de A Coruña, onde reside durante cinco anos recibindo clases dos guitarristas Fernando Rodríguez e Alex Garrobè. No eano 2002 trasladase a Maastricht (Holanda) onde, no 2004, obten o diploma “Master” baixo a supervisión do guitarrista italiano Carlo Marchione, con mención de honra “Cum Laude”.

Recibíu leccións de guitarristas da talla de David Russell, Manuel Barrueco, Marco Socías, José Tomas e Leo Brouwer, entre outros.

Foi galardoado co primeiro premio no concurso internacional de guitarra “César Aira” en León (España) e no Festival de Novos Músicos de Barcelona, así como o segundo premio no Festival Internacional de guitarra “Andrés Segovia” en La Herradura (Granada, España) e o terceiro premio no Concurso Internacional de guitarra de Markneukirchen (Alemania).

Como concertista ten ofrecido recitais en España, Portugal, Holanda, Italia, Bélxica, Montenegro, Albania e Francia. Actuóu como solista con diferentes orquestras como a Orquestra Sinfónica Ciudad de León “Odón Alonso”, a Orquestra Jove “Germinans”, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Maastricht e a Orquestra de Cámara “Arcos” de A Coruña. Cabe destacar o concerto que ofrecéu en Belgais, a casa da gran pianista Maria João Pires, interpretando música española e arxentina.

Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa de profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña e está a preparar a edición do seu primeiro CD, con música de Mauro Giuliani, Alberto Ginastera, Mario Castelnuovo-Tedesco e Joaquín Rodrigo, que grabóu en Roma no 2003 no estudio de Leonardo Galucci.



A participación no curso será acreditada por medio dun diploma, onde constará o número total de horas.

No hay comentarios: