Vistas de página en total

jueves, 28 de febrero de 2008

II Curso Admira de Guitarra


II Curso Admira de Guitarra
O curso componse das clases e dun concerto a cargo do profesor Ramón Carnota

Organiza:

Departamento de corda pulsada do conservatorio profesional Xan Viaño de Ferrol
Coordina: Agueda Gutierrez Escudero e Sergio Pena Castro
Datas de celebración: 27, 28, 29 e 30 de Marzo

Horario:
xoves pola tarde Concerto ás 20 h
venres mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h
sabado mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h
domingo mañán de 10 a 13:30 h. tarde de 16:30 a 20 h

Lugar: Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.

Prazas de alumnado activos máximo 20, ointes ilimitado.
Os alumnos serán aceptados por riguroso orde de recepción dos boletíns de inscrición.
A organización resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos por razón de forza maior.

Prezo: alumnos activos (que non pertenzan ao centro) 80€
alumnos activos do centro 60€
alumnos ointes 30 €

OBXECTIVOS

- Aproveitar a experiencia docente e de concertista do profesor para adquirir aqueles coñecementos que sobrepasan o propio curriculo.
- Conciencia do propio corpo como transmisor do pensamento musical.
- Profundizar en aspectos técnicos do instrumento.
- Abordar a faceta da interpretación en público, exames, concursos, etc.
- Valorar a importancia do estudo metódico para mellorar o rendemento.
- Afondar nos aspectos que definen a interpretación do repertorio dende un punto de vista histórico.
- Comprender a esencia e o funcionamento interno da obra para lograr unha interpretación coherente co pensamento do autor

CONTIDOS

- Postura corporal
- Actitude física ante o instrumento
- Acción de ámbalas dúas mans
- Exercicios técnicos e solución de problemas
- Memorización e visualización
- Técnicas de estudo
- A interpretación histórica
- A articulación barroca
- A retórica musical
- Ornamentación nas diferentes épocas
- O fraseo e seus elementos (dinámica, movemento, articulación) nos
diferentes estilos
- O vibrato: técnica e aplicación
- Análise e interpretación
- O "xesto" musical
- Elementos estructurais da interpretación


RAMÓN CARNOTA

Nace en A Coruña (España) en 1977. Con 13 anos ten as súas primeiras experiencias musicais na orquestra da Agrupación Musical Albéniz de A Coruña. Con 14 anos ingresa no “Conservatorio Superior de Música” de dita cidade baixo a tutela do profesor Eulogio Albalat, obtendo as máximas calificacións, así como o premio fin de carreira.

Posteriormente ingresa na Escuela de Artes Musicales “Luthier” de Barcelona, con unha bolsa outorgada pola Excma. Deputación de A Coruña, onde reside durante cinco anos recibindo clases dos guitarristas Fernando Rodríguez e Alex Garrobè. No eano 2002 trasladase a Maastricht (Holanda) onde, no 2004, obten o diploma “Master” baixo a supervisión do guitarrista italiano Carlo Marchione, con mención de honra “Cum Laude”.

Recibíu leccións de guitarristas da talla de David Russell, Manuel Barrueco, Marco Socías, José Tomas e Leo Brouwer, entre outros.

Foi galardoado co primeiro premio no concurso internacional de guitarra “César Aira” en León (España) e no Festival de Novos Músicos de Barcelona, así como o segundo premio no Festival Internacional de guitarra “Andrés Segovia” en La Herradura (Granada, España) e o terceiro premio no Concurso Internacional de guitarra de Markneukirchen (Alemania).

Como concertista ten ofrecido recitais en España, Portugal, Holanda, Italia, Bélxica, Montenegro, Albania e Francia. Actuóu como solista con diferentes orquestras como a Orquestra Sinfónica Ciudad de León “Odón Alonso”, a Orquestra Jove “Germinans”, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Maastricht e a Orquestra de Cámara “Arcos” de A Coruña. Cabe destacar o concerto que ofrecéu en Belgais, a casa da gran pianista Maria João Pires, interpretando música española e arxentina.

Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa de profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña e está a preparar a edición do seu primeiro CD, con música de Mauro Giuliani, Alberto Ginastera, Mario Castelnuovo-Tedesco e Joaquín Rodrigo, que grabóu en Roma no 2003 no estudio de Leonardo Galucci.



A participación no curso será acreditada por medio dun diploma, onde constará o número total de horas.

lunes, 25 de febrero de 2008

AUDICIÓNS do SEGUNDO TRIMESTRE

(Alumnos de Sergio Pena)

Xoves 21
18 h. Colectiva 1º GE
Andante in G
19h. Colectiva 2º GE
Barbra Allen

Venres 22
16 h. Patricia Sande Pena (1º GE) An old tale
A folk dance
17h. Francisco Blanco Vázquez (1ºGE) A folk song
18 h. Meri Teijido Gómez (1ºGE)
El gitanito

Luns 25
17 h. Alejandro Fernández Pico (2º GE)
Danza en re
Rondo

Martes 26
17:30 h. Cova Romero Eyaralar (1ºGE) A folk dance
18 h. Alvaro Picallo Doce (2º GE)
Highland march
Allegretto Giuliani
19 h. Inés Prado Acebo (1ºGE)
Alalá
Ricercar

Mércores 27
17 h. Maysa Ismail García (3ºGE) Blues around the corner
Viñeta criolla
Chacone
18 h. Colectiva 3º GE
Tanzlied
Villanella
Folkslied duo

sábado, 16 de febrero de 2008

Audiciones 2º trimestre

Os cuelgo la fecha, hora y repertorio de lo que algun@s tocaréis la semana de Audiciones:

Viernes 22 de febrero 18'00
* Irea Villares Alonso (4º GE): Bar Count (Lester) y Estudio VI (Leo Brouwer)
* Cristina Prado Acebo (4º GE): Rondó nº 30 (Carulli) y Estudio de escalas nº 13 (Lester)
* Xoana Carpente Cadaveira (2º GP): Veintidós diferencias de Conde Clatos (L. Narváez)

Martes 26 febrero 19'00
* Rubén Caneiro Martínez (6º GM): Lágrima (Tárrega), La Catedral (Barrios) y Estudio 11 (Villa-Lobos)

Miércoles 27 febrero 20'00
* Ángel Saavedra Arozamena (3º GE): Estudio nº 2 de "30 estudios" (Sor), Greensleeves (An. s. XVI) y Lulluby (Duarte)
* Irene Rico Pérez (4º GE): Estudio nº 32 de "Le Papillon" (Giuliani), Pavana (A. dal Liuto)
* Rubén Caneiro Martínez (6º GM): Fantasía VII (Dowland), Gran Vals (Tárrega) y En los trigales (Rodrigo)

Un saludo

Concierto

En la agenda de www.l-v.es se anuncia:
" Mateo Arnáiz
O prestixioso guitarrista, discípulo de Leo Brouwer, Roland Diens, Stephan Schmidt e David Russell, nun novo directo. Sábado 16 ás 19:30 h. no FNAC (A Coruña)".
Un saludo
águeda

jueves, 14 de febrero de 2008

Pórtico do Paraíso. I Festival Internacional de Música de Ourense

Hola a tod@s,
gracias a la gentileza de su director, Juan Enrique Miguéns, nos ha llegado publicidad al Conservatorio sobre este interesante Festival.
Dentro de sus conciertos y conferencias, en relación a la cuerda pulsada, tenemos los siguientes conciertos:
* Resonet (soprano, guitarra barroca ou vihuela e percusión). Martes 19 de febrero de 2008, 20:30 h. Iglesia de Santa María Nai
* Katona Twins (guitar duo). Domingo 24 de febrero de 2008, 20:30h. Liceo de Ourense

Tenéis más información en www.porticodoparaiso.com

Un saludo
águeda

martes, 5 de febrero de 2008

DUO DE CAMARA


O dúo de cámara formado por Bernabé e Rubén (frauta e guitarra respectivamente) tivo o seu primeiro encontro co público asistente ao auditorio do Xan Viaño, amosóu este grupo un serenidade no escenario, própia de profesionais.
A pesar de certas eventualidades no comezo da audición, souberon estar á altura e interpretaron unha serenata de Giuliani con gran confianza e compenetración. (ou eso me contaron)