Vistas de página en total

martes, 23 de octubre de 2007

O SEGREDO DO ARCO DA VELLA

Había unha vez un neno que quería ver o que se agochaba no arco da vella, colleu todo o que precisaba e o meteu nunha mochila, cando xa estaba lonxe da súa casa atopóu un anano que lle preguntóu se andaba na procura do segredo do arco da vella pois quería acompañalo. Despois de andar un bo pedazo cegaron perante o don Sol que resplandecía moito, tanto que o neno tivo que poñer unhas gafas de sol que gardaba na mochila e conseguíu vencelo, e seguíron andando ata que se atoparon cunha avespa e un unicornio que lles preguntaron se ían en busca dalgún tesouro, o neno contestóu que si, a avespa e o unicornio dixéron que tamen querían ir, e o neno aceptóu, anduvieron outro pouco e se lles apareceu dona Nube que os recibíu cunha treboada pero o neno sacóu un paraguas da mochila e a venceu de xeito que por fin poideron ver o arco da vella, entraron nel e viron un cofre, intentaron abrilo pero non deron feito entón empregaron todalas súas forzas e zas! Abreuse de súpeto e comezóu a sair unha música descoñecida, enton miraron dentro e viron un saco do que sairon guitarras, violíns, pianos e toda clase de instrumentos.

José Manuel Lamas Pérez

No hay comentarios: