Vistas de página en total

jueves, 29 de mayo de 2008

INCREIBLE


O curso está a dar os últimos coletazos, como se fora Moby Dick, e o que nos queda por facer é balanzo do noso labor pero entretanto atopamos imaxes como esta dun concertino moi coñecido entre os nosos compañeiros de corda fretada, so que soltando unha descarga de adrenalina e non precisamente co seu violín como é habitual.
Supoño que non se trata do autentico, ainda que tampouco descarto que se trate dunha faceta descoñecida do mesmo.
En todo caso hai algo....en común

miércoles, 21 de mayo de 2008

XAN VIAÑO R'n'R


O auditorio do conservatorio Xan Viaño de Ferrol será o marco (de aqui o nome do vice) no que se desenvolva o PRIMEIRO CONCERTO DE ROCK da historia dos conservatorios de Galiza, esto non podería ser doutro xeito se non fora pola iniciativa do musicólogo e profesor do centro Crisanto Gándara (baixo, guitarra acústica, voz), a colaboración dos profesores Eusebio López na batería, Sergio Pena (guitarra solista, honky tonk pìano) da inestimable participación Ramón Corona (guitarra rítmica, steel guitar, voz) e sobre todo dese espiritu de traballo e tolerancia da nosa directiva que sempre está aberta a apoiar calquera iniciativa en favor do enriquecemento cultural da nosa comunidade educativa.

martes, 20 de mayo de 2008

AUDICION CAMARA FRAUTA-GUITARRA



O pasado mércores 14 de maio actuóu no auditorio do conservatorio Xan Viaño o dúo de cámara formado por Bernabé Simes (frauta) e Rubén Caneiro (guitarra).
A interpretación de dúas pezas do repertorio sudamericano foi impecable en canto ao carácter e a súa estética, destacando a espectacular presentación de Bordel-1900 de Piazzola, non exenta de dificultades técnicas e xiros idiomáticos que foron resoltos con absoluta soltura. Ademais hai que destacar o empaste en canto a timbres e planos sonoros.
Noraboa a estes dous aplicados alumnos polo gran nivel amosado.

viernes, 16 de mayo de 2008

AUDICIÓNS do TERCEIRO TRIMESTRE

AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE

LUNS 26

17:00 h. Alejandro Fernández Pico 2º GE

Rumba Maria Linnemann
Ragtime Maria Linnemann

18:00 h. Clase colectiva 4º GE
Irish air Maria Linnemann
Unterm Texas-mond Maria Linnemann

19:00 h. José Manuel Lamas 1º GE

A song game J.A. Muro
In the meadow J.A. Muro

20:00 h. Irea Alonso Villares 4º GE

Estudio de escalas 11 Lester
Céline Montreuil

20:00 h. Rubén Caneiro Martínez 6º GM

La catedral A. Barrios
Intro Tema y Var.Op. 9 Sor

MARTES 27

17:00 h. Cristina Prado Acebo 4º GE

Trémolo 9 B. Lester
La noche Zenamón
Estudio 32 M. M. Giuliani

17:30 h. Covadonga Romero Erayalar 1º GE

Ring around J.A. Muro
Little dance J.A. Muro
18:00 h. Álvaro Picallo Doce 2º GE

La Santillante Carulli
Menuet De Viseé
Dale’s blues Dale Miller

19:00 h. Inés Prado Acebo 1º GE

Minueto fácil D.Aguado
Danza Brandenburgo Anon.
Light O’love Anon.

20:00 h. Rubén Caneiro Martínez 6º GM

Fantasía VII J. Dowland
Fuga BWV 997 J.S. Bach
Estudio 11 H. Villalobos

MÉRCORES 28

17:00 h. Maysa Ismail 3º GE

Paduana alla veneziana Anon.
O son do ar Bieito Romero
Chaconne Anon.

18:00 h. Clase colectiva 3º GE

Ragtime für Rainer Schindler
Irish air Maria Linnemann
Unterm Texas-mond Maria Linnemann

20:00 h. Laura González Puente 3º GE

Bar Count B. Lester
Greensleeves Anon.
Bagatela IV J.M. Fernández
Ángel Saavedra Arozamena 3º GE
Escala 11 B. Lester
Bagatela IV J.M. Fernández
Rag in C B. Lester

XOVES 29

18:00 h. Clase colectiva 1º GE

Tema Sinfonía sorpresa Haydn arr. Leavitt
Au clair de la lune Anon arr. Duarte

19:00 h. Clase colectiva 2º GE

Follow me Duarte
Lezzione Küffner

VENRES 30

16:00 h. Patricia Sande Pena 1º GE

Ring around J.A. Muro
Little dance J.A. Muro
Patricia Sande – Laura Juanatey (violín) Follow me

17:00 h. Francisco Blanco Fernández 1º GE

Alalá J.A. Muro
O frautista J.A. Muro
Irene Rico Pérez 4º GE

Escala 11 B. Lester
Trémolo 7 B. Lester

Xoana Carpente Cadaveira 1º GM

El jardín de los lagartos E. Cordero
In gentle mode B. Lester

domingo, 11 de mayo de 2008

FEIRA DO LIBRO



O pasado 24 de Abril tivo lugar a Feira do libro, sendo invitados os nosos alumnos a actuar nos Cantóns, polo que respecta ao noso departamento de corda pulsada, as alumnas de harpa acompañadas por cello, óboe e outras instrumentistas abríron o evento cativando aos presentes. Rematando o acto estivo Rubén Caneiro ofrecendo un repertorio moi apropiado para o recinto carpal.

miércoles, 7 de mayo de 2008

A VISTA DE PAXARO


Hai un ano ''paséi'' polo Xan Viaño sen imaxinar que volvería a diario durante este curso, espero que esto mesmo non se cumpla con todos aqueles sitios polos que ''pasei'' voando, neste caso en concreto estou moi feliz de que asi fora.