Vistas de página en total

martes, 30 de octubre de 2007

O Neno e a Guitarra

Había unha vez un neno que sabía tocar moi ben a guitarra, pero como se enroiabamoito falando no cole esqueceu a guitarra en clase e como había moitisimas guitarras na clase non a quixo buscar porque estaba convencido de que non a iba a atopar, enton en vez de buscala decidíu pasar todo o día xogandono seu cuarto, pasado un tempo os seus pais se decataron e decidiron sacalo do conservatorio porque saben que cando alguén fai algo malo sempre recibe alguna cousa mala.

Francisco Blanco Vázquez

A Guitarra

Erase unha vez un neno que tocaba a guitarra, e os seus pais estaban encantados. Un dia o neno fartóuse de tocar aguitarra, mentres que os pais se facían mais ilusións, ao neno os paais sometíano a moita presión, e o nenose cansóu da guitarra. Entón o neno foi a dar un paseo para aclarar as ideas e ao darlle unha patada a unha lata, saíu un marciano dicindolle que pedira dous desexos, o primeiro que pedíu foi que seus pais estean contentos e o segundo que lle volvera agustar tocar a guitarra. Cando chegóu a casa colleu a guitarra e se puxo a tocala con moitas gañas.

Covadonga Romero Eyaralar

Instrumentos de Corda


Debuxo realizado por Inés Prado Acebo

domingo, 28 de octubre de 2007

O VELLO TOLO

Erase unha vez un home, chamado Xoan, un pouco tronado da cabeza, porque vivía so.
Certo día, Xoan foi a mexar e escoitóu unha sinfonía, una especie de musiquiña que se oía cada vez máis forte.
Xoan pensou que podería ser algún veciño músico ou algo así, e non lle deu importancia.
Ao día seguinte Xoan foi mexar outra vez e escoitóu outra vez a mesma sinfonía, pero non pensou nelo e pasado un tempo desapareceu.
Máis tarde, volveu escoitar esa sinfonía e pensou que podería ser a súa imaxinación entón foi a visitar o seu siquiatra (xa que el está tolo dende sempre) e lledíxo que non se preocupara, que podería ser algunha persoa que tocaba música.
Pero entón, estando alí, volveu a escoitar aquela sinfonía, cada vez máis forte, e díxolleo o siquiatra, (que el tamén a escoitaba)
Ao final todo se resolveu, resultóu que a sinfonía que escoitaba o velllo Xoan era a radio, que a tiña nun peto do pantalón e cada vez que se sentaba dáballe o botón de acender.

Patricia Sande Pena

martes, 23 de octubre de 2007

O SEGREDO DO ARCO DA VELLA

Había unha vez un neno que quería ver o que se agochaba no arco da vella, colleu todo o que precisaba e o meteu nunha mochila, cando xa estaba lonxe da súa casa atopóu un anano que lle preguntóu se andaba na procura do segredo do arco da vella pois quería acompañalo. Despois de andar un bo pedazo cegaron perante o don Sol que resplandecía moito, tanto que o neno tivo que poñer unhas gafas de sol que gardaba na mochila e conseguíu vencelo, e seguíron andando ata que se atoparon cunha avespa e un unicornio que lles preguntaron se ían en busca dalgún tesouro, o neno contestóu que si, a avespa e o unicornio dixéron que tamen querían ir, e o neno aceptóu, anduvieron outro pouco e se lles apareceu dona Nube que os recibíu cunha treboada pero o neno sacóu un paraguas da mochila e a venceu de xeito que por fin poideron ver o arco da vella, entraron nel e viron un cofre, intentaron abrilo pero non deron feito entón empregaron todalas súas forzas e zas! Abreuse de súpeto e comezóu a sair unha música descoñecida, enton miraron dentro e viron un saco do que sairon guitarras, violíns, pianos e toda clase de instrumentos.

José Manuel Lamas Pérez

jueves, 18 de octubre de 2007

O Creador da Música

Había unha vez hai miles de anos, un rapaz chamado Ignacio que tiña paixón polos cantares dos paxáros, polo ruído do mar ao batír nas rochas, e todo aquelo relacionado co son. Un día Ignacio decidíu ir a dar un paseo polo bosque, camiñóu e camiñóu ata que chegóu a un prado e ao lexos divisóu un obxecto, pero non o identificaba. Achegóuse e víu que era unha especie de cousa de madeira oca por dentro, e por fora tiña unhas cordas largas que o seren tocadas, vibraban e soaban!
Levouse o instrumento para a súa casa e lle puso o nome de guitarra.
Mais tarde na casa, decidíu inventarse diversas notas que colocaría sobre unhas liñas debuxadas nun papel, a cadansúa puxolle un nome e ás cordas da guitarra tamén. Dende aquel día os da vila a Ignacio puxeronlle o alcume de ‘’O creador da guitarra e da música’’.
A noticia espallouse por todo oplaneta dende aquel preciso momento e pouco a pouco foise creando mais e mais música.

Meri Teijido Gómez

martes, 16 de octubre de 2007

A nena que quería tocar



Erase unha vez unha nena que quería tocar algún instrumento, pero cal? O caso era que non o sabía so sabía que quería adicarse á música. O violín podía estar ben e a guitarra, e piano, a percusión… claro todo é bonito pero tiña que elixir. E pensaba, e pensaba e non se lle ocorría nada, e decidíu tocar todos os instrumentos do mundo, lle costase o que costase ata que se fixo máis maior que decidíu escoller preguntandolle aos demais e elixíu violín, pero deuse conta de que fixera mal, pois non fixera o que quería, e decidíu voltar atrás no tempo, e pensóu na guitarra, que era o que quería, pero volveu a retroceder, ata ter tocado tódolos instrumentos, e deuse conta de que o único que importaba era o que lle gustaba de verdade e elixíu convencida a guitarra, coa que se divertíu moito.

Inés Prado Acebo 1ºGrao Elemental

viernes, 12 de octubre de 2007

Benvidos

Benvidos a este cornecho virtual onde a comunidade escolar do departamento de corda pulsada do conservatorio de Ferrol, terá un sitio para intercambiar opinións e compartir inquedanzas.
Para arrancar a actividade expoñeremos uns contos escritos polos alumnos de 1º de guitarra no trascurso dunha clase colectiva.